SON ANIMAL

Benvidas e benvidos a SON ANIMAL. Un novo espectáculo de Paco Nogueiras adicado aos animáis máis cercanos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións.


Moi preto de nós viven toda clase de ANIMAIS. Hainos grandes, pequenos, con pelo,
plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos
marabillosos. E todos… co seu SON.


O bruar dunha vaca, o miañar dun gato, o ladrar dun can, o cacarexar dunha galiña, ou
zunido do mosquito convértense en divertidas cancións da man de Paco Nogueiras.


Cancións que nos levan polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire
portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado
rock&roll, dende unha fanfarria circense ate unha melodía de influencias andinas.


Preparémonos para cantar como ANIMAIS, pois o gran SON dos nosos amigos ANIMAIS
está a piques de comezar a soar.