Contos a centos

Paco Nogueiras e Kalandraka Editora pretenden afondar na normalización da nosa lingua dende as primeiras idades. Poesía, contos tradicionais e relatos de autor acordes á idade do público conforman o repertorio destas actividades, nas que a narración oral enriquécese cun acompañamento musical elaborado expresamente para cada historia.

Retrousos e cancións fan que os nenos e as nenas poidan participar activamente nas sesións, acompañando as historias narradas coa voz, coas palmas ou con acenos.

Como ferramenta de coñecemento, aprendizaxe e transmisión da cultura, as sesións xiran arredor do libro e dánlle todo o protagonismo. E como morada natural dos libros, Paco Nogueiras e Kalandraka Editora apostan pola biblioteca escolar como espazo de encontro arredor da palabra e da oralidade, coa música como elemento dinamizador.

A %d blogueros les gusta esto: