Discografía

EXTRA!

Libro-cd editado coa Editorial Kalandraka

«Extra!» é a nova obra de Paco Nogueiras logo de «Radio Bulebule» (Premio Martín Códax da Música na categ´oria de Música infantil – ano 2021) e de «Brinca Vai!» (Premio Martín Códax da Música na categ´oria de Música infantil – ano 2016. O autor volve recuncar nos medios de comunicación -nesta ocasión, a prensa escrita- coas 12 cancións deste novo libro-disco ilustrado por Marc Taeger que, ademais, conta co apoio dos videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.


RADIO BULEBULE

Libro-cd- dvd editado coa Editorial Kalandraka

Radio BULEBULE é o segundo traballo de Paco Nogueiras logo de Brinca vai! . O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco no que volven participar o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo os videoclips que, como novidade, forman unha curtametraxe.

Este traballo acadou o Premio na categoría de Música Infantil nos VIII Premios Martín Códax da Música.



BRINCA VAI!

Libro-cd- dvd editado coa Editorial Kalandraka

Doce cancións para doce meses, na escola e mais no fogar: a natureza, a amizade, as nosas festas, os libros… cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico. Con divertidos vídeos musicais e contidos adicionais na web.

Este traballo acadou o Premio na categoría de Música Infantil nos III Premios Martín Códax da Música.


COCIDO SINFÓNICO – Os Tres TENedORES

Libro – cd

Listo para degustar un Cocido Sinfónico? E iso que clase de comida é? O Cocido Sinfónico está preparado con sopa morniña en clave de sol polos Tres Tenedores, os únicos cociñeiros do mundo tan tolos como para ser quen de inventarse algo tan disparatado e divertido. Todas as cancións que atoparás aquí están preparadas a base de boa música, retrousos divertidos e cancións de primarísima calidade. Tómase sen culler nin prato. Atréveste a probar este “sinfonicocido”?


Dissimulem! – Orquestra Os Modernos

Tras 5 anos de exitosos directos por toda Galicia (e parte de Asturias), a Orquestra Os Modernos gravou, nos Estudios A Ponte, o seu primeiro disco, Dissimulem! O rexistro musical que garda a esencia das noites de verbena e as mañás de vermú, un disco esencial en toda casa moderna e en todo automóbil para o goce de toda a familia e máis do can. Cancións coma “O Uruguai”, “A chula tanguista” ou o “Passa-ruas dos Airinhos de S. Cámpio” inclúense nun disco de pizarra que recolle os seus ritmos modernos e incitantes.


Sen Planeta – Ophiusa

“Sen Planeta” é o resultado desa liberdade creativa absoluta, fillo da imaxinación e da creatividade sen cortapisas e enfrontado directamente aos convencionalismos ao uso. Unha metáfora do compromiso coa singularidade fronte a unha realidade cada vez máis estructurada e arquetípica


Paos – Ophiusa

“Paos” é o primeiro disco de Ophiusa, un traballo no que se poden percibir as esencias de lo que é gallego propio. Pero no que tamén se recoñecen recendos de swing, de reggae, de bluegrass, todas músicas populares, músicas do pobo, dos barrios, onde realmente se debulla a vida como unha mazaroca de millo.


A %d blogueros les gusta esto: