




DOBRE EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.
Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.
As novas máis curiosas, sucesos especiais.
Os temas máis diversos podes coñecer,
os feitos máis recentes. Non os debes perder!
Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras e Marc Taeger idearon para compartir con todas e todos vós. En DOBRE EXTRA! a imaxe e o son van da man. Os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición e cada debuxo abordan noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.
DOBRE EXTRA! convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? E debuxalas? En DOBRE EXTRA! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. DOBRE EXTRA! é cor, alegría, diversión, imaxinación e información.
EXTRA! EXTRAAAA!!!Se escoitas este berro é o momento de encher ben os pulmóns de aire e berrar con él EXTRA, EXTRAAAAA!!!.

