EXTRA! xa está aquí!
NOVAS
“Movemento” contaxioso dende o CEIP Milladoiro de Malpica
En pleno Entroido, chéganos este video realizado dende un centro escolar moi especial e amigo. As nenas e nenos do CEIP Milladoiro de Malpica, coa axuda de mestras e mestres, fixeron este video extraordinario e tan alegre. Son unhas superheroínas e uns superheroes incríbles (e máis nos tempos que corren). Mirade, mirade!!!
Preme para ver o video:
O Entroido move o corpo en LSE
No CEIP Quiroga Palacios de Santiago de Compostela fixeron esta versión signada do tema “O Entroido move o corpo” da man da intérprete, Raquel Manteiga. Marabilloso video e gran traballo. Grazas!
A bailar … e a signar!
Preme para ver o video:
O CEIP Centieiras de Fene vai de Entroido bailando “Móvete”
No CEIP Centieiras de Fene decidiron deñebrar o Entroido cantando e bailando “Móvete” dun xeito moi orixinal, caracterizados de emojis. Moito ritmo e moito movemento nun video moi dinámico e divertido.
Bravo por vós!
Preme para ver o video:
Movemento dende o CEIP Valle Inclán do Grove
Alumnado e profesorado do Ceip Valle-Inclán de O Grove bailan e interpretan polo Día da Paz a canción de Móvete de Paco Nogueiras con linguaxe de signos. Organizado polo Equipo de Dinaminación Galega e a mestra de música.
Grazas por este video tan divertido!
Preme para ver o video completo:
Móvete dende o CEIP Arquitecto Casas Novoa de Compostela
A rapazada do CEIP Arquitecto casas novoa de Compostela tamén “moveron” o corpo para celebrar o Día Escolar da Paz. Ollade que ben o fan ! Un movemento contaxioso.
Grazas a tod@s polo videoclip e o excelente traballo. Voso o mundo é!
Para ver o video completo:
Móvete no CEIP da Cruz
Mirade como”moven” o corpo as nenas e nenos do CEIP da Cruz de Camos (Nigrán) para celebrar o Día da Paz Escolar. Que marabilla de artistas!
Moitos parabéns para o alumnado e profes. Estas coreografías fan moito máis levadeiras estas datas complicadas. Grazas Pilar Gonçalves polo magnífico traballo.
Podedes ver o video completo na seguinte ligazón:
Móvete dende Vilaboa
Desde o CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa chega este video marabilloso para celebrar o Día Escolar da Paz. Moitas grazas Montse Ogando e aos magníficos artistas por este impresionante baile.
Podedes ver o video completo na seguinte ligazón:
Móvete en LSE
No CEIP Jose María Lage de Ortigueira escolleron a canción “Móvete!” do libro-cd EXTRA! para festexar o día Escolar da Non Violencia e Paz, facendo un gran traballo para adaptala a Língua de Signos. O resultado é impresionante! Podedes ver o video a continuacióne, e se vos animades … bailar en LSE.
Grazas a Fani polo seu magnífico traballo (mestra de música e intérprete de LSE). Podedes seguir os seus traballos nas redes como “A Clase de Fun”. Deixovos tamén a ligazón ao seu blogue onde aparece o video:
http://aclasedefun.blogspot.com/2021/01/movete-en-lse.html

Sinaturas de Extra!
EXTRA! chega ás vosas mans para facervos cantar e bailar, traendo a mellor información, a mellor divulgación e a maior diversión. Un pracer asinar os vosos exemplares en Vigo, Compostela, Coruña, Pontevedra …
Estade ben atent@s pois haberá máis datas de sinaturas.






