EXTRA!

«Extra!» é a nova obra de Paco Nogueiras logo de «Radio Bulebule» (finalista VII Premios Martín Códax na catego´ría de Música Infantil)
e de «Brinca vai!» (III Premio Martín Códax da Música – Infantil) que,
trala súa publicación deron lugar a varios espectáculos cos que
o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas
de toda Galicia. O autor volve recuncar nos medios de comunicación
-nesta ocasión, a prensa escrita- coas 12 cancións deste novo
libro-disco ilustrado por Marc Taeger que, ademais, conta co apoio
dos videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.


Os temas dispóñense como nun xornal con distintas seccións
onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais,
sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión,
pasatempos e ata unha axenda de actividades. Fiel á frescura
do seu estilo e á súa conexión co público infantil, o autor coida
as letras das composicións e as melodías, que destacan
polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando
á participación do público.


Marc Taeger desdobra a figura de Paco Nogueiras en numerosas
e divertidas facetas, cheas de colorido, dinamismo e expresividade.
Sempre cos seus característicos lentes e co inseparable chapeu
azul, o protagonista convértese en repartidor e lector de periódicos,
nun entusiasta cronista do mundo, ao ritmo da música.


Porque a prensa é un valioso recurso na escola e no fogar para
animar á escrita, á plástica creativa, para desenvolver habilidades
lectoras, a curiosidade e a imaxinación, dinamizar a socialización
e o traballo en equipo, os coñecementos tecnolóxicos… este traballo
destaca pola súa versatilidade e o seu carácter lúdico

A %d blogueros les gusta esto: